O CANTO DA RA
Polas verdes regas,
nas de canos anchos,
nas de augas quedas,
nas de augas mansas,
nas charcas con herbas,
cando as noites craras,
-
cando a lúa chea,
gorgoreos cantan,
nas liras da veiga,
---------------------
---------------------
nas augas das charcas,
aqueles croar, croar,
das douradas ras,
que cantaban roucas,
todas namoradas.
no brizo das regas,
nas herbas molladas
nos canos estreitos,
------------------
------------------
cantaban, cantaban
aquelas cantigas,
dunha idade sacra
nas pozas de vidro
nas pozas da brama,
entre canaveiras
xuncos, e espadanas
as polifonías
que ao ceo marchaban.
----
na prácida brisa,
na maraxe branda
na ledicia chea,
--------------------
--------------------
dos tinguidos aires,
e fartas da amore...,
sobre os veos santos,
na harmónica noite,
daquel tempo bardo,
---------------------
---------------------
daquel intre belo,
de fermoso pranto,
tal coma unha lenda
de mirada sacra,
nos sucos das regas,
------------------
------------------
sentir os croar, croar,
nas augas das charcas,
nas noites de lúa,
na noite estrelada,
aquel
cantar belo,
¡o
canto da ra!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario