sábado, 27 de julio de 2019

  SER DISTINTOS

¡Ai, meu querido amigo,

canto temos que contar
neste profundo camiño!
+
Aspiramos ao amor
inclusive o escribimos,
deixando no esquecemento
o gran amor fidedigno.
+
Canto temos que contar,
compañeiro, meu amigo.
+
Mais ás veces intentamos
intentamos ser distintos,
pero sempre decaemos
no de sempre, niso mesmo,
naquilo que non facemos
e o seguimos repetindo,
+
deixando ese gran amor
que tantas veces sentimos.
Isto pasa por ser fracos,
por non querer ser distintos
cos nosos menesterosos,
enfermos, sen acubillo.
+
Así somos, compañeiro,
así somos, meu amigo.
Fracos, cegos e tolleitos,
tolleitos en non facer 
ese ben aos desvalidos.
+
Mira ti canto che falo,
e mira canto che digo, 
mais eu son coma os demáis, 
mais quixera ser distinto
e conseguir ese ben
que tantas veces o sinto,
e sinto petarme á porta
+
e nunca lle dou abrigo,
nese intre que eu o choro;
mais quixérao ter comigo
para cumprir o que falo
de verdade, meu amigo.
+
Gustoume o que mandaches:
paz, amor e agarimo,
cunhas verbas perfumadas
que só as le o espírito.
+
Moitas grazas, compañeiro,
moitas grazas, amiguiño,
mándovos brancas apertas 
e tres ramallos de bicos,
+
Deica vernos, compañeiro,
deica vernos, meu amigo,
felices festas dous mil sete
e un aninovo prolífero,
cheo de bens e saúde.
+
Ó noso Deus llo pedimos
neste papel que che mando
cuberto de versos tristes,
que levan no vento sangue 
e unha presiña de bicos. 
.
Mais xa ves, non queda espazo
para seguir escribindo
e falar das nosas cousas,
de prosas e de hemistiquios
e de versos namorados,
daqueles que non dicimos
que son propios do poeta,
dos que teñen cinco almas 
e un delgadiño espíritu.


                                                             Fco. de Sotavento                                                          

No hay comentarios:

Publicar un comentario