sábado, 25 de abril de 2020

VI EDICIÓN XOGOS FLORAIS - CEDEIRA 2003
-----------------------------
NO MES DE MAIO COMO XA É TRADICIÓN DESDE HAI SEIS ANOS, CELEBRÁRONSE EN CEDEIRA OS XOGOS FLORAIS. MÁIS UN ANO REPETIUSE O ESPECTÁCULO DOS POETAS DECLAMANDO PERANTE O SEU PÚBLICO E AS SÚAS MUSAS. MÁIS UN ANO A POESÍA FOI A PROTAGONISTA EN CEDEIRA.
------------------------------
NESTA OCASIÓN CELEBRÁBASE A VI EDICIÓN DOS XOGOS FLORAIS QUE CADA ANO ORGANIZA A SOCIEDADE CULTURAL “RÍO CONDOMIÑAS”. SÁBADO, 24 DE MAIO ÁS SEIS DA TARDE NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE CEDEIRA. ESA ERA A CITA. O DÍA 

------------------------------
AMENCEU PRIMAVERAL, COMO CORRESPONDE A ESA ÉPOCA DO ANO: SEN FRÍO, MAIS SEN EXCESIVA CALOR. A MEDIA MAÑÁ, NUBES NEGRAS, AFORTUNADAMENTE PASAXEIRAS, TOLDARON O AZUL E CLARO CEO E DESCARGARON A AUGA A BOULLÓN. OS MAUS PRESAXIOS MATUTINOS ESVAECÉRONSE CANDA AS NUBES, PASENIÑO, MAIS DE XEITO DEFINITIVO. A TARDE FICOU AGRADÁBEL, IDEAL PARA O RECITAL POÉTICO.
-------------------------------
O NÚMERO DE POETAS PARTICIPANTES, CON CADANSEU POEMA ORIXINAL, INÉDITO E EN GALEGO, SOBREPASOU A VINTENA ENTRE OS DE CEDEIRA E OS ACHEGADOS DE FÓRA, NOMEADAMENTE DE FERROL. O TEMA DAS COMPOSICIÓNS ERA LIBRE, CUN NÚMERO DE VERSOS ENTRE VINTECINCO E TRINTA VERSOS E CUXA MÉTRICA NON EXCEDESE EN NINGÚN CASO AS CATORCE SÍLABAS.

---------------------------------------------------------------
A APERTURA DA VI EDICIÓN DOS XOGOS FLORAIS CEDEIRA-2003, REALIZOUNA DIEGO ROMERO LOUREIRO, SECRETARIO DA SOCIEDADE CULTURAL “RÍO CONDOMIÑAS”. A CONTINUACIÓN, DIEGO RODRÍGUEZ DEU PASO AOS NENOS DO COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO QUE RECITARON POEMAS DE AUTORES CLÁSICOS, POETAS LOCAIS E, INCLUSO, POEMAS DE CREACIÓN PROPIA. COMO SINAL DE AGRADECEMENTO A TODOS OS NENOS SE LLES REGALOU UN LIBRIÑO, UNHAS LAMBETADAS E UNA FIGURA DE PORCELANA
-----------------------------------------------------
CONMEMORATIVA DO ACTO: UN PAXE OU PATELA SOBRE UN BOLO DE PAN, COA LENDA: “VI EDICIÓN – XOGOS FLORAIS CEDEIRA 2003 FLORES E VERBAS: MIL PRIMAVERAS”. LOGO DE REMATAREN OS NENOS, OS POETAS FORON DECLAMANDO UN A UN OS SEUS
-------------------------------
POEMAS. AO TERMO DA CONFESIÓN DE IDEAS, DESEXOS E PENSAMENTOS SOBRE O ESCENARIO, OS POETAS RECIBIRON, COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, UNA FLOR, UN LIBRO, UNHA REVISTA E PAXE OU PATELA CONMEMORATIVA.
----------------------
OS GALARDÓNS, COMO XA É TRADICIÓN, CONSISTÍAN EN TRES VIOLETAS DE PRATA MACIZA, DE DIFERENTES TAMAÑOS E BAÑADA EN OURO A DO PRIMEIRO PREMIO. O XURADO DEBÍA PUNTUAR DE
--------------------------
CERO A SETE PONTOS O POEMA COMA OBRA LITERARIA E DE CERO A TRES A DECLAMACIÓN. OS RESPONSÁBEIS DE ESTABELECER AS VALORACIÓNS FORON: XOSÉ MARÍA DOBARRO PAZ, CATEDRÁTICO DA FACULDADE DE FILOLOXÍA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ISABEL SEOANE SÁNCHEZ, LICENCIADA EN FILOLOXÍA GALEGA, ELIA RICO LAGARÓN, POETA E PROFESORA DE
----------
LITERATURA, XOSÉ LEIRA, POETA E PROFESOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA, ROSA MÉNDEZ, POETA E ESPECIALISTA EN PATRIMONIO, E HERMITAS LORENZO ARRIVÍ, PROFESORA DE LITERATURA E LINGUA GALEGA NO INSTITUTO DE CEDEIRA.
----
FINALMENTE, O PRIMEIRO PREMIO RECAEU EN ROSA MARÍA MARTÍNEZ DIOS, QUE SE PRESENTABA CO POEMA NOITES DE LÚA CEGA. O SEGUNDO LOGROUNO AURORA VARELA CO POEMA O SONO NON QUERE VIR CANDA MIN. MARÍA DELIA BONOME CONSEGUIU O TERCEIRO PREMIO CO POEMA OS DOUS NUNHA ESTRELA.
---
O ACTO CONTOU COA ACTUACIÓN DA CANTAUTORA DA COSTA DA MORTE LAURA DE FISTERRA QUEN DESDE OS PRIMEIROS ACORDES FOI ENGAIOLANDO O PÚBLICO. CANCIÓNS DE MARIÑOS, DE MARIÑEIROS, DE PESCADORES, DE NÁUFRAGOS, DO MAR... CANCIÓNS DE AMIGOS, DE AMORES... AS LETRAS, A SÚA MÚSICA CONSEGUIU QUE TODO O AUDITORIO PERMANECESE NO MÁIS ABSOLUTO SILENCIO MENTRES ESCOITABA A ARTISTA FISTERRA.
----
XA AO FINAL DO ACTO, TRAS A DESPEDIDA DO PRESIDENTE DA SOCIEDADE CULTURAL RÍO CONDOMIÑAS XAVIER RODRÍGUEZ VERGARA, O MESMO FRANCISCO DE SOTAVENTO, DELEITOU A TODOS OS PRESENTES COA ESTREA DUNHA CANTIGA CEDEIRESA A SEREA DE MARTÍN CAS, ACOMPAÑADO POR LAURA DE FISTERRA QUE LLE FIXO COROS.
;

No hay comentarios:

Publicar un comentario