viernes, 28 de febrero de 2020



AS FLORES DO MEU CAMIÑO
¡QUE TEMPOS EU DEIXEI NO MEU CAMIÑO!
¡QUE VIDA TAN FERMOSA¡ ¡QUÉ PASADO!

¡QUE CEOS XUVENÍS DO MEU DESTINO!
¡QUE LAPSO TAN FLORIDO E TAN DOURADO!
.x
¡QUE MÁGOA PADECÍN NO MEU TORMENTO!
¡QUE ANSIAS DE CHEGAR Ó MEU DELIRIO!
E COÑECER OS OLLOS DO MEU CEO
PARA VIVIR O SOÑO QUE SUSPIRO.
.x
¡AI, MÍSERO DE MIN E DOS MEUS SOÑOS!
E TEMPOS QUE ME FORON TAN ESQUIVOS,
AÍNDA QUE DIXESEN SER OS MEUS,
OS MEUS, XAMAIS SERÍAN ESES MESMOS.
X
MAIS HOXE, O MÁIS DOCE DAQUEL TEMPO
REPOUSA NO MEU PEITO GARDADIÑO,
E LEMBRO ESE ESPAZO QUE VAI VELLO,
E SOÑO AQUEL SOÑO QUE NON VIVO.
x
FCO. DE SOTAVENTO

miércoles, 26 de febrero de 2020



ARUMES DO MEU AMOR
MIÑA DORNIÑA DE VELA,
MIÑA LANCHIÑA DA RÍA,
MIÑA PEQUENA SEREA,
NON SEI CANTO CHE DIRÍA
MAIS NON ME DEIXA A PEREZA,
EN DICIRCHE CANTO SINTO
NAQUILO QUE TANTO PENSAS,
NA DOURADA QUE TI QUERES
MÁS ALÓ DAS TÚAS VEAS,
MÁIS ALÓ DA MIÑA VIDA,
MIÑA DORNIÑA DE VELA,
MIÑA LANCHIÑA DA RÍA,
MIÑA LINDIÑA SEREA.
RULIÑA DOS MEUS OLLIÑOS
GAIVOTIÑA DAS MAREAS,
ARUME DE BRANCA SALSA,
BRISIÑA DAS MIÑAS LENDAS
----------------------------


QUE SORTE


Que sorte
do que ama sen quererse,
do que soña por terte
e se morre por amarte,
dá a vida por quererte.
***
Que sorte
ser oleiro de homes,
de homes sobresalientes,
que teñan corazón de pan ,
e a alma teñan de aceite.
***
Que sorte
que o sol de vida
a todos por igual,
de modo permanente.
***
Que sorte
crer en Deus sen verlle
e terlle por pai,
sen coñecerlle.
***
Que sorte
sentir amor
e dar perdón
a quen che fere.
***
Que sorte
poder amar e pensar
libremente,
non ser fillo do diaño,
como aquel, como ese...,
como os xudas todos,
que por moi escondidos que anden
todos se parecen
***
Que sorte
que exista o aire
no ambiente,
e no seu aspirar
que te deleites.
***
Que sorte
que o mar,
siga movéndose,
non se desborde,
nin abra a terra
en tempos breves,
e as estrelas
estean tan lonxe
tan lonxe, tan lonxe...,
e estean presentes.
***
Que sorte
que o home
saiba do ben e do mal como
forzas opoñentes,
e vexa dentro da alma
a cor dos camiños,
que cada unha lle tende
***
Que sorte,
que astuto
e que intelixente,
que o home
sen ser o máis débil
nin ser o máis forte,
dos que lle acompañan
neste val de morte,
saiba dominar a toda criatura
baixo o seu albedrío,
caprichosamente.
***
Que sorte
antes da morte
dicirlle Adeus a quen ames
serenamente,
dicirlle adeus á vida
e convencerte,
pechando os ollos
lentamente
enmudeciendo a boca
para sempre,
para sempre.
***
Que sorte
que o mundo non pare
e por vinganzas quéimeno,
e os astros non se enfaden
e as galaxias se desangren,
avanzando lentamente,
baixo o seu lume estelar,
nas distancias celestes,
inflamando as nebulosas
e todos os corpos se estrellen
Qué sorte!
Fco. de Sotavento