ADAXIO A UN AMIGO
Levado no aire
na nube calada,
co
dono da terra,
co
sabio da trampa.
.
A ver se quería,
a ver
se aceptaba,
a
cambio dos mundos,
e
a él adorara.
Sentado na orela
coas
redes pescaba,
e
os fillos do vento
durmian
na barca.
Sentado nas rúas,
sentado
nas prazas,
as
serpes saían
das
súas furadas.
Cruzaba sendeiros,
sentaba
moradas,
deixaba
as ideas,
escritas
nas almas.
Oían ledícias,
oían palabras
oían amores
na
quela montaña.
A xente era outra
cando El falaba,
transmitía lume
e inflamaba almas.
Rompía ferrollos
das
portas pechadas,
e
ardía blasfemias,
da
pompa e da fama.
Era luz de estrela,
astro
de esperanza,
nave
de albedrío,
pozo
de auga crara.
Na sabeduría,
no
mando das calmas,
nos cegos olliños,
e en tantas palabras.
Nos beizos do vento,
nas
beiras das praias,
no
abrente do día,
soliño
na barca.
E na transfigura
do
corpo e da alma,
todo
é parabens,
ledícias
e gracia.
Lamento sensible
pola
amada Patria,
pola
súa xente
pedindo
xuntanza.
Coa súa presencia,
coa
súa mirada,
por
fóra das portas,
ó pé
das murallas.
.
Os ciumes rebentan
de
amores á Casa,
escapan
as pombas,
e os
doctores calan.
Na horta fuxido,
na
noite pechada,
co
sangue na fronte,
sucándolle
as bágoas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario