sábado, 11 de febrero de 2017

                                                                                              

                  UNHA LINGUA LARGA


     Ërase unha lingua
unha lingua larga
aguda na punta
cal pico de garza.
-
     Tiña toda aresta
cuberta de sarna
por falar daqueles,
que lles tiña rabia.
-
     E perto dun lado
notábanse manchas,
cinco eran negras,
e dúas castañas.
-
 Mais da súa boca
cando se bababa,
auga chirla moura
toda se mollaba. 

     Terrible era ela
a lingua da parva,
miren se era longa
que a tiña colgada.
-
     Esta golpa vella,
con greñas de cabra,
con cheirentas uñas
morría coa saña.
-
     Polas reuniós
de suíña andaba
era igual ca teupa
facendo a furada.
-
     Se sabedes vós
destas lebres falsas,
matar nas matedes
quitádelle as patas.
-
     Ërase unha lingua
unha lingua larga,
miren se sabía
que todo o ignoraba.
-
     Que linguas tan longas
hai polas comarcas
que embarcan a un
en calquera lancha.
-
     Cal porca da corte,
cal besta preñada,
cal vaca xurrenta
non vou comparala.
-
     Mais se quere o vento
que cale esta parva,
que lle arrinque a lingua
senón que lla parta.
-
     Mais se quere o vento
que cale esta parva,
que lle arrinque a lingua
senón que lla partan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario