VOSOUTROS.
VÓS CORREDORES DE MENSAXES,
INQUISIDORES DE POMBAS
E BEBEDORES DE SANGUE.
.
VÓS AGUIAS DE BRONCE
MAQUIAVELOS DE FRAUDES,
MALVERSANDORES DE FONDOS
.
COMO DOS NOSOS CAUDAIS.
QUE GLORIA TAN DESHONESTA
DEIXASTES NESAS IDADES,
VÓS SODES OS FRATRICIDAS,
E CARNICEIROS DE SANGUE.
.
AÍ VOS QUEDAN VOSOS FEITOS
NESAS POBRES VELLAS CIDADES,
GUILLOTINAS, FORCAS, GARROTES,
FUSÍS, PUÑAIS E SABRES.
.
QUE HIDOLATRÍA DE OGROS,
QUE DECISIÓNS DE ASES.
VOS HABEDES DE VER AS FOUCES
DE DEUS CANDO A CONCENCIA
MAILA RAZÓN VOS CHAMEN.
.
VÓS MERCADORES DE CARNE
CANTOS DRAGONES TEDES
NOS VOSOS VILES CURRAIS?
.
NON TOCARDES O PÁBILO DO DIVINO
NIN O MANTO DE QUEN VOS MIRA
DOS AFASTADOS MIRARES.
.
FARTARVOS DESAS CARNES
E DE EXÓTICOS MANXARES.
VÓS CABADORES DE FOIAS
E ENTERADORES DE MÁRTIRES.
.
VOSA É A TERRA MANCHADA
MANCHADA DE SANGUE,
DOS HUMILDES E COBARDES
E DE TODOS OS QUE SON DÉBILES,
.
INSCRITOS NAS VERDADES.
POR QUE SEGUIS TORTURANDO
ÓS VOSOS SEMELLANTES?
FUXIREDES DA TERRA
CANDO TODO SE APÁGUE,
.
MAIS A BESTA SE RIE,
SE RIE, ATA DO AIRE,
DOS QUE BICAN ESTRELAS
E CHORAN AS SÚAS LIBERDADES
E PIDEN QUE A RAZÓN,
QUE POR UNHA VEZ SE ÁLCE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario