VOSOUTROS CORREDORES DE MENSAXES,
INQUISIDORES DE POMBAS
E BEBEDORES DE SANGUE.
-
VOSOUTROS AGUIAS DE BRONCE,
MAQUIAVELOS DOS FRAUDES,
MALVERSANDORES DE FONDOS
COMO DOS NOSOS CAUDAIS.
--
QUE GLORIA TAN DESHONESTA
DEIXASTES NAS VOSAS IDADES,
VOSOUTROS SODES FRATRICIDAS,
ARMADORES DE DESASTRES.
--
AÍ, VOS QUEDAN OS VOSOS FEITOS
EN TODAS VELLAS CIDADES,
GUILLOTINAS, FORCAS, GARROTES,
FUSÍS, PUÑAIS E SABRES.
---
QUE HIDOLATRÍA DE OGROS,
QUE DECISIÓNS DE ASES.
--
VÓS OIREDES OS ORÁCULOS DE DEUS
CANDO A CONCIENCIA
E A RAZÓN VOS DISFRAXEN.
....
VOSOUTROS MERCADEIROS DE CARNE
CANTOS DRAGONS TEDES
NOS VOSOS VILES CURRAIS?
---
NON TOCARDES O PÁBILO DO DIVINO MANTO
DE QUEN VOS MIRA DESDE OS SEUS MIRARES.
--
FARTARVOS DESAS CARNES
E DE EXÓTICOS MANXARES.
----
VÓS CABADORES DE FOIAS
E ENTERADOIROS DE MÁRTIRES.
....
VOSA É A TERRA
LIXUGADA DE SANGUE,
DOS HUMILDES,
DOS COVARDES
E DE TODOS Os DÉBILES,
INSCRITOS NAS VERDADES.
POR QUE SEGUIS TORTURANDO
ÓS VOSOS SEMELLANTES?
-
FUXIREDES DA TERRA
CANDO TODO SE APAGUE,
MAIS A BESTA SE RIE,
SE RIE, ATA DO AIRE,
DAQUELES QUE CHORAN
AS SÚAS LIBERDADES
E PIDEN QUE A RAZÓN,
QUE POR UNHA VEZ
ELA SOLIÑA SE ÁLCE.
Fco. de Sotavento
No hay comentarios:
Publicar un comentario