O CANTO DO CARRO
O
CANTO DO CARRO,
DO CARRO GALEGO, POR CAMIÑOS LONGOS VAI CANTANDO LEDO.
+
ESPERTANDO
FOLLAS
CO CANTO DO EIXO, E BICANDO AIRES E MIUDOS VENTOS. + VAI ROLANDO AS RODAS, BEBENDO RELENTOS, VAGOADAS TRISTES, VALADOS DE FELGOS.
++
VAI POLOS CAMIÑOS O CARRO GALEGO, O NOSO CARRIÑO, ESMAGANDO XEIXOS. `+ COA RODA BANDONA,
POLA
TORTA SENDA,
NA
CONGOSTRA ANCHA,
NA CONGOSTRA ESTREITA, VAI CREBANDO LASTRAS,
VAI
CREBANDO CEPOS
E
FAI PEDREGULLOS
DAS
PEDRAS DOS XEIXOS.
+
A
RODA BANDONA,
ARROLA, QUE ARROLA,
ROZANDO
VALADOS
CHANTADA EN LAMEIROS.
+
MAIS A RODA CAMBA CO ROLAR LIXEIRO, TAMÉN É DO CARRO, DO CARRO GALEGO. + E LEVA NAS COSTAS O LONGO CHEDEIRO, CUN CANTAR DE ACOUGO QUE SAE DO EIXO. X VAI RUBINDO ÁS NUBES, ARROLANDO LEDO,
VAI
VOANDO SÓ,
CAMIÑO
DO CEO;
ENTÓRNANSE
OS CARROS
E
CAN NOS REGUEIROS,
E CAN NAS VALGADAS, E ROMPEN CABESTROS E CAN POLOS MONTES, E POLOS PENEDOS, E SÉNTESE LONXE, E SÉNTESE PRETO, ALÓ POLOS AIRES, O CANTAR DO CARRO, DO CARRO GALEGO.
O
CARRO CANTABA
Ó
VIR DO TÉRREO,
DENOITE
PECHADA
CÔA
LUZ DO CANDELO,
PRÁ
VER O CAMIÑO
QUE
TIÑAN LAMEIROS,
E
VIÑAN DENOITE,
E
ÍAN DE CEDO,
SENTÍNDOSE
LONXE
AQUEL
SON DO EIXO,
QUE
ÍA VOANDO
ALÓ POLO CEO.
AQUEL
SON DO CARRO,
VOANDO
CO ECO,
CANDO
ÉL SAÍA
CARGADO
DE ESTERCO,
XA
SE COÑECÍA
DE
QUEN ERA O CARRO,
POLO
SON DO EIXO:
O
DO TÍO ENRIQUE,
O
DO TIO ORTELIO,
O
DO TIO SIRO,
E O
DO TIO PEDRO.
ESTE MAGO DE RODAS, ESTE LONGO TRAFEGO, ESTE BERRO DE LUME, DESTE CARRO GALEGO, QUE CRUZOU O MUNDO, SEMENTANDO FEUDOS, NAS PECHADAS NOITES, NOS SÉCULOS CEGOS, NAS LOITAS DOS HOMES, NOS PRANTOS DO PEITO, NO CANTAR DOS RÍOS, NOS BERROS DO VENTO. O CANTO DO CARRO
QUE
BAIXA CARGADO,
CAMIÑO DAS BOUZAS E TRONZA XEMENDO, E QUÉIXANSE AS RODAS, E ÁRDELLE O EIXO, E O CARRO VEN VINDO, AMODIÑO E LENTO, MAIS COS OLLOS TRISTES VEÑEN OS MARELOS, BAIXO DAS CANGALLAS, ORBALLANDO DENSO.
AÍ VEÑEN OS CARROS
CANTANDO EN FIEIRO, NO LONGO CAMIÑO ESPERTANDO O ECO, E TRAEN GROSOS PAOS, E TRAEN GROSOS LEÑOS, E TRÁNOS GALLUDOS,
RETORTOS E PENCOS.
E CANTAN OS CARROS, E CANTAN OS EIXOS,
E
BÓTANLLE AUGA,
E BÓTANLLE SEBO, E SEGUEN CANTANDO; OS NOSOS CARRIÑOS, POLOS MIL CAMIÑOS, DO POBO GALEGO.
SON OS NOSOS CARROS,
INDUSTRIA
DUN TEMPO,
SON OS NOSOS HOMES, QUE LOITANDO A EITO, APINANDO OS CARROS CON LEÑOS DE TOXO, NAS PRAIAS DO VENTO, E TÍRANA EN PILAS, E FAN OS LEÑEIROS, SOBRE O CAI DO RÍO, ONDE ESTÁN EN SECO, OS GRANDES TRINCADOS, DE DOUS E TRES PAOS PINTADOS DE NEGRO.
O MAR VEN RUBINDO,
COA LINGUA NO PEITO,
VEN RUXINDO A RISAS, VEN AMODO E CEIBO, MAILOS BARCOS DITOS, QUE ESTABAN EN SECO, VAN INDO CARGADOS DE LEÑOS DE TOXO, E OUTROS MADEIROS, BARRICAS DE ANCHOA, FOLLAS DE BADEXO, E TABAIS DE XOUBAS, E BRANDIÑOS QUEIXOS,
MOLETES DE TRIGO
DOS MÁIS MOLANGUEIROS.
MAIS EN TERRA, NA PRAIA MIRANDO PERPLEXO, XA NON VEXO OS CARROS, NIN VEXO OS MARELOS, NIN VEXO OS MACHADOS,
NIN VEXO OS LEÑEIROS,
NIN HAI PICADORES, NIN HAI PICADEIROS;
E SÓ QUEDA UN CARRO
E TRÊS CARRETEIROS,
QUE COMEN O CALDO
SENTADOS NOS LEÑOS.
O MAR DEIXA AS BARBAS
NO XUNCAL EN
SECO,
ONDE ESTÁN AS
GARZAS
E CANTAN OS MERLOS,
MAILOS MAZARICOS
QUE SON MARIÑEIROS.
OS TRINCADOS VANSE, DESMARRANDO VENTOS,
E IZANDO AS VELAS
E OS FOQUE PEQUENOS;
VAN RUMBO DA TORRE,
OS NOSOS VELEIROS,
POLAS AUGAS DOIBAS,
DEBAIXO DOS VENTOS,
CÔAS VELAS TRIZADAS
CONTRA BARLOVENTO.
VAN SOÑANDO SOÑOS
E ESCRIBINDO
LENDAS,
LENDAS DOS
CAMIÑOS,
CAMIÑOS
GALEGOS.
ASÍ ÍAN INDO,
NAQUEL MUNDO CEGO,
QUE ESTABA PECHADO
POR PRECÁRIOS TEMPOS,
ERA AQUELA VIDA
DO POBO GALEGO,
NA VIDA DO CARRO
NOS PASADOS SÉCULOS.
AQUI VOS QUEDADES
MEUS RECORDOS BELOS,
AQUÍ VOS QUEDADES,
DENTRO DESTES VERSOS,
DENTRO DESTE CARRO,
QUE VEN DOS MILÊNIOS
TODO CANTO FIXO,
AQUÍ VOSLO DEIXO.
===========
O CARRO GALEGO TIÑA:
CANGA
CABEZALLA
ESTADULLOS
CHIDEIRO
CHAVELLA
SOLLADO
TREITOIRAS
FUNGUEIROS
RODA BANDONA
RODA CAMBA
APEARES
RELLA
CABESTRO
CAÍNZOS
CANGA
TAÑEIRAS
CANGÓN
FINCÓN
FURAS
FERRAS
LORO
PECHO
CARAVILLAS
CADEA
OLLAL
XUGO
EIXO
CANGALLAS
COUCILLÓNS
AFOADOIROS
CHEDAS
E CABEZALLAS.
|
domingo, 4 de agosto de 2019
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario