DESDE A CADEA
(este pequeno relato
está baseado na
película:
: “O Conde de Monte Cristo”
Polas
sombrías esquinas
están as de catro patas,
cos
seus bigotes de sombra,
con gafas negras e opacas;
hainas
con beizos de lúa,
e visten capas de
prata,
disfrutan dun señorío
e de certa aristocracia;
neste
lugar del preso
un inocente de Francia,
está no
fondo da torre
onde se
filtran as augas,
está
cuberto de belo,
e de
brancaslasgas barbass,
está
sumido dos ollos
e toda a cara ten fraca,
e dorme
nas pedras frías
e nas sombras afogadas,
que lle adentellan a vida
y los albores del alma.
-------------------------------------------
Bebe humidades verdes
tal como as beben as ánimas,
alentando o aire xordo
encima da morte sacra.
-----------------------
Sentado nas lastras frías,
pola cara ten regañas,
e non se lle ven os beizos
pola mesta barba branca;
vaille medrando na sombra,
na soledade macabra
e na cadea afundido,
por unha nube de saña,
do soberano poder
que o encadea e asulaga,
a éste inocente preso,
a éste Conde de Francia,
mais despois de longo tempo
na quela celda mollada
sinte petar a modiño
no antro da outra banda,
e facendo na parede
.....
unha redonda furada,
mira e ve a un velliño
tamén cuberto de barba,
e nisto cólase a dentro
e o sabio préstalle a fala
e poder salvarlle a vida
a este fiel camarada.
,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,
Cóntalle historias do mundo
e logo amósalle un mapa,
onde figura un tesouro
fondeado nas tres brazas,
nun escarpado de rochas
nas augas da illa e praia.
............................
De novo volve pra celda,
xemendo tapa a furada
o sabio, velliño morre,
e méteno nunca saca,
mais o Conde volve abrir,
de novo abre a furada,
e colle o villiño morto
e paso pra súa banda.
..................................
De camiño pon os bloques
e a parede queda chaia
e habilidoso atacoa
o chocho cunha amarralla,
e xa metido no saco
xa sinte os pasos dos gardas,
coas chaves da porta negra
doblemente aforrollada.
...................................
E collen aquel cadáver
que vai metido na saca,
que van botar polo aire
c cimbralo da muralla,
e nela vaise este morto
que suspira sen palabra,
desde aquela alta torre
de pedras roibas e pardas.
........................................
E no albrexar milagroso
resucita a súa fala,
daquel morto que íai vivo
lanzado desde a muralla,
caendo nas augas sonsas
e victorioso recala,
na praia daquela illa
onde revive e descansa,
vencendo a negra cadea
e o poder daquela Francia.
........................................
E xa enterra pensando,
de repente colle o mapa,
e xa avisa a un coñecido
a ir á rocha escarpada,
en onde dorme o tesouro
fondeado nas tres brazas.
....................................
Rescatan aquel tesouro,
unha fortuna elevada,
onde o portan nunha carreta,
tapado para unha casa.
e de camiño revolve
as altas accións da banca,
onde arruina a banqueiros
e a pompa da aristocracia.
...................................................
Preséntase á súa dona
que está con outro casada,
pregúntalle si se ancorada
do seu mozo que levaran,
para a perpétua cadea
o noivo da súa infancia,
que ía casar con ela
pero fixeromlle trampa…
..............................
Vostede casou con el,
co que ten hoxe casa.
A dona quedouse muda
ouindo as súas palabrtas,
e decatandose a pobre,
xa soubo con quen falaba…
do seu amor verdadeiro
que sen culpa sentenciaran
a unha cadea perpétua
os poderosos da prata.
.........................................
E vaise o insigne Conde
coa súa lenda amarga,
para volver algún día
aos lares que nel agardan,
lares que o viron nacer
ao Conde daquela Francia.