martes, 27 de diciembre de 2016

                                                                      

TOLEMÍA DE AMOR

Como unha sombra da noite
parácheste miña meniña,
na media sombra da rúa
mireiche as túas pupilas,
e ti tamén me as miraches,
coas túas preto das miñas
mas cando puxeche a boca,
cos teus beiciños na miña
sentín o laimo do beixo,
da túa branda boquiña
deixándome a alma louca,
e chea de tolemía.

Vivín a gloria e palpeina,
sentín en min a blamdicia
de aqueles moliños beizos,
mollando a miña boquiña
mais cando púxen os dedos,
nas túas doces maíñas
tamén biqueiche os cabelos,
coas miñas tenras caricias
e pregunteiche por que,
por que aquilo facías
e respondicheme baixo,
dicindo o que me dicias,
que cando a vida che  doce
debemos sempre vivila,
cando de certo te queren,
cando de certo te admiran,
cando te sentes amada,
e de verdade te miman,
por iso sentinme louca
e chea de tolemía,
deixando caer os beizos
                              na túa doce boquiña.                

No hay comentarios:

Publicar un comentario