martes, 29 de agosto de 2017

    ESTE POEMIÑA XA TEN SETE ANOS.
**********************************************
Pois de Ferrol me mandaron
tres bicos nun ramalliño,

quén che me dera
sabere, moreniña salgada,
quén me ten tanto cariño, 
ti zagaliña dourada,
a que me diches os bicos
naquela encrucelada,
onde sempre me enamorico.
.
* * *
O SOÑO
-
Dime ti querido soño,
por que teño que soñar
as cousas que eu no quero
e que nas poido a redar
-
Eu sei que vives conmigo
e no teu poder me suxéito,
a que me mostres camiños
camiños que non desexo.
-
Hai outro soño que é *lira
lirismo do sentimento,
que che devora durmido
e che devora esperto.
-
E nada tes que facere
coas cousas do desexo,
mais non querendo querer
sacias a fame dos membros.
-
Se as quimeras son brisas
e os soños son os ventos,
déixame soñar esperto
todos os soños que penso.
-
¿Por qué me achegas as sombras 
e sepárasme os ceos?
-
E ¿por qué hei de beber 
certos viños que non bebo?
-
Ti bríndasme verdes vales,
e de flores os carreiros
e de escumas os camiños
e de amores os teus beizos.
-
Outras veces me trasladas
ata as fosas dos infernos
para ver ríos de sangue
e o gran aspecto dantesco.
-
Ás veces soñas con cousas
que non teñen fundamento
e cando cho estou contando
vexo que non teñen xeito.
-
E cando vivo soñando
nunca sei se estou desperto
ou totalmente durmido,
sen mover o pensamento
pero sempre é a memoria
quen lle pregunta ao cerebro:
Cántos soños eu soñei
e cal deles o primeiro?
-
Unhes os *recordas antes,
outros os lembras sen xeito,
e vas pensando e pensando
e aparécenche máis eidos
-
algúns os ves *algo tortos
mais outros os ves dereitos,
e como sigas pensando
pensas nos soños de cedo
un que xa no lembrabas 
-
quen sabe xa canto tempo
e pensas por que soñaches
e que algo vén a xeito,
daquel personaxe culto
ou daquel personaxe necio.
-
Ás veces pensas se é certo
o que soñaches durmido,
cando sentado e esperto,
pensas que foron as musas
que tes pechadas no peito. 
                         Fco. de Sotavento                                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario