jueves, 24 de agosto de 2017

                                                                                                                                                                A XUSTIZA POLA MA

Sobre a doenza do orballo
vai pensando se eu penso,
se é o camiño que eu levo,
ou é, o camiño que eu deixo.
Eran os tempos das coitas
que levaban os galegos,
dentro das súas congostras,
dentro dos seus pensamentos.
X
Remontar aqueles mundos
viña a ser algo perplexo,
aquel vivir eran sombras,
sombras por falta de medios.
X
Aquel que ía denoite
sen poder levar candelo,
todas as figuras que vía
eran as caras do demo.
X
Aquela sombra era dona
sobre as facianas do medo,
someténdoche a levare
unha gran faca no peto.
X
E nesta foia caían
baixo aquel cisco dos eidos,
naquela faca verduga
e xusticeira de pleitos.
X
E na moleira do aire,
e na memoria do vento,
e nas congostras gallasdas,
sempre pasaban murcegos...
X
Eran os mundos das sombras,
dentro das bocas e beizos,
dentro dos mundos cativos
e dos cristiáns pensamentos.
X
Polos escuros camiños,
andaban rencores vellos,
os fouciños mailas facas,
eran as armas de peso.
X
Pois naquel tempo a xustiza
axustábanse nos eidos,
ou ben cunha faca nova
ou cun xardolo ben feito.
ooooooooooooooooooo

AQUELA MUÑEIRA,
ARUMES DO MEU AMOR
MIÑA DORNIÑA DE VELA,
MIÑA LANCHIÑA DA RÍA,
MIÑA PEQUENA SEREA,
NON SEI QUE CHE DIRÍA
MAIS NON ME DEIXA A PEREZA,
EN DICIRCHE CANTO SINTO
NAQUILO QUE TANTO PENSAS,
NA DOURADA QUE TI QUERES
MÁS ALÓ DAS TÚAS VEAS,
MÁIS ALÓ DA MIÑA VIDA,
MIÑA DORNIÑA DE VELA,
MIÑA LANCHIÑA DA RÍA,
MIÑA LINDIÑA SEREA.
RULIÑA DOS MEUS OLLOS
GAIVOTIÑA DAS MAREAS,
ARUME DE BRANCA SALSA,
BRISIÑAS DAS MIÑAS LENDAS
-------------------------------
A MIÑA MUÑEIRA
MEU CARO AMIGUIÑO
NO POIDO ARREDAR,
DA QUEL BO CATIVO
DA QUEL BO RAPAZ,
QUE SEMPRE SOLIÑO
MOLLADO E CON FRÍO,
COAS MUSAS DO MAR,

POR ISO NON POIDO,
DEIXAR DE LEMBRAR
AQUELAS NOSTALXIAS
QUE XA NON ESTÁN.

POIS XA QUE NON VIVEN
NI-AS POIDO BICAR,
POR ISO NON DEIXO
DE ENAMORICAR.

Fco. de Sotavento
Xavier Rodriguez Vergara

EU TEÑO EXTENSAS PRANURAS

AS HARPAS DOS MEUS CANTARES
VAN POLAS SENDAS CATIVAS,
CHORAN POR TODAS AS SOMBRAS
E CANTAN AS PENAS MIÑAS.
.
CANTARES DOS MEUS CANTARES,
CANTOS DE MELANCOLÍA,
PRANTOS POLA NOITE ESCURA
SON PASOS DA SOMBRA FRÍA.
.
NON TEÑO LUZ NOS MEUS OLLOS,
PARA SACIARME DE DÍAS,
NIN ESA ESTRELA DA ALMA
QUE SEMPRE CHE DA SORRISA.
.
QUERO VER A QUEN NON VEXO
NA MANSA POLICROMÍA,
E A PERLA NEGRA DO MARE
COS SEUS CABELOS DE BRISA.
.
OUH, PEDRAS DOS MEUS CAMIÑOS
QUE DESALENTO E FATIGA,
QUE LONGAS TEÑO AS PRANURAS
QUE NUNCA LLES VEXO AURELIÑAS.
.
ASÍ MORRERÁN OS MEUS OLLOS
SEN ALCANZAR A CONQUISTA,
DA MÁIS EXTENSAS PRANURAS,
QUE TEÑEN AS PENAS MIÑAS.
.
FCO. DE SOTAVENTO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario