martes, 8 de agosto de 2017

CHORABA CANDO ESCRIBÍA  
Era aquel día de choiva 
  que me parei nunha casa, 
  pero ao vela tan velliña  
de mágoa caeume a alma, 
  e vendo que na hortiña

toda ela desastrada,  
collín catro folliñas  
das figueiras que prantara  
e téñoas ben gardadiñas, 
 máis aló da miña alma  
alí quedarán quietiñas 
  pola poeta que maia  
desde as altas estreliñas, 
 quén sabe cánto nos fala 
  a pobre de Rosalía  
a poeta que choraba, 
  choraba cando escribía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario