ISTO
ERA CANDO SE PODÍA IR AS ZANDAS ANOS,1O75,89
Para min andar ás zarandas era un gran placer.
Andei a elas desde rapaciño ata que as prohiviron
na ría. Con esta arte aprendín un pouco de que
forma vivía a cangrexa da ría ou da Lama e as
zonas onde ela se criaba e se proliferaba mailo tempo
que duraban enterradas e a forma da súa emigración.
¿De que alimentos se nutrian e cando estaban en sazón
para comer?
na ría. Con esta arte aprendín un pouco de que
forma vivía a cangrexa da ría ou da Lama e as
zonas onde ela se criaba e se proliferaba mailo tempo
que duraban enterradas e a forma da súa emigración.
¿De que alimentos se nutrian e cando estaban en sazón
para comer?
¿De que xeito hosmaban o mar vivo e como tiña que estar
o mar para que se desenterraran?
o mar para que se desenterraran?
O que ignoramos nós e cando elas nos sorprenden os días
que non veñen ao caso para que se desenterren nos meses que non son propios,
senón que xa deberan ter emigrado desa zona do fondo da ría para os mares de
fóra.
Preguntas que sempre
mas fixen e nunca lle atopei a conclusión sobre a total forma de conducta. ¿Por
qué algunhas non emigran nos meses precisos como fan as súas irmás? ¿E cáles
son as causas para que centos de cangrexas queden enterradas un longo tempo sen
dar sinales de vida?
Ignoro a conclusión ¿o por que se quedan e non
emigran?
Teño a certeza e creo que sei o porque o fan, pero réservome dicilo por mor aos meus amigos biólogos que non me saben decir ¿por qué causa precisan quedarse nos criadoiros que a nai Natura as destinou a que criasen nesas partes do fondo das rías? Sempre me gustou ter dazaoito e vinte zarandas. Con estas zarandas desde o axexo ata as dúas da mañá o normal era coller de camarón grande de tres e catro kilos que aínda que se pasaba frío sabíase que tiñas na bolsa de cope, doce ou catorce mil pesetas. Outras noites habíase que conformar cun par de kilos do grande e do mediano tamén dous ou tres. Xa de antemán sabías que se ías ao camarón denoite ata as dúas e tres da mañá, que catorce ou quice mil pesetas que as tiñas gañadas.Pero pasabase moito frío.Teño collido ata 30 kilos de camarón en media semana do grande e gañar boas motas con el. E teño tirado ao mar caixas e caixas do que xa se comía; pero nunca fun goloso nin tan pouco un agañento para aprobeitarme das cousas miudas para quitarlles lucro.
Teño a certeza e creo que sei o porque o fan, pero réservome dicilo por mor aos meus amigos biólogos que non me saben decir ¿por qué causa precisan quedarse nos criadoiros que a nai Natura as destinou a que criasen nesas partes do fondo das rías? Sempre me gustou ter dazaoito e vinte zarandas. Con estas zarandas desde o axexo ata as dúas da mañá o normal era coller de camarón grande de tres e catro kilos que aínda que se pasaba frío sabíase que tiñas na bolsa de cope, doce ou catorce mil pesetas. Outras noites habíase que conformar cun par de kilos do grande e do mediano tamén dous ou tres. Xa de antemán sabías que se ías ao camarón denoite ata as dúas e tres da mañá, que catorce ou quice mil pesetas que as tiñas gañadas.Pero pasabase moito frío.Teño collido ata 30 kilos de camarón en media semana do grande e gañar boas motas con el. E teño tirado ao mar caixas e caixas do que xa se comía; pero nunca fun goloso nin tan pouco un agañento para aprobeitarme das cousas miudas para quitarlles lucro.
ANDIVEN ÁS NASAS
Andiven ás nasas da langosta á
má. Isto quer dicir que na lancha na que andaba, non tiña maquinilla para
poder levantalas. Erguíamolas do fondo a base de brazo e pulmón. Tíñamos 200 nasas en 4 reseiros e 50 en cada un. Llargábamolas nas trinta e nas
cincuenta brazas de altura. tíñamos que descansar por veces que non parábamos
ca dor dos cadrís. loitábamos contra o traballo e contra o mar igual que
xíbaros. onde traballábamos ben era cando largábamos as nasas á beiriña da
costa co fin de coller cangrexas e cereixos. moitas veces témolas perdido por
largalas tan pertiño da costa, porque ao meterse o mar (mar vivo) en dúas
horas, tíñas todas esfanicadas. andar as nasas á man era moi duro, pero como
ganabas un peso, conformábaste. a nasa da langosta cubreu un longo ciclo tanto
para os naseiros de cedeira coma para os aproveitados e atrevidos freanceses
que non se ían durante a costeira do que lle chamamos a nosa costa que é desde
cabo ortegal ate cabo prior. nin con picarlles os calamentos e cachearlles as
nasas non se ían destes fértiles mares inzados de langostas das máis
encarnadiñas e de dous e tres kilos cada unha. no ano 1944, xa usaban as mesmas
nasas que hoxe usan todas as existentes naseiras da langosta de toda españa.
COAS NASAS DA RÍA
Coas nasas da ría andiven ata que prohibiron pescar con elas na ría.Tiña de meu cerca de cento trinta nasas e
unha chabola de táboa á beira da praia. Todos os sábados e santos festivos, e
inclusive os domingos polas mañáns, non deixaba dir largar as nasas para coller
camarón e de paso que levaba as zarandas para sumar kilos e ganar máis. as
miñas nasas diferenciábanse de todas as demais porque mentres que as miñas
estaban medias abertas polas cabezas mailo funil pola parte superior, as dos demais,
só tiñan o funil pola mesma parte como están todas as que existen para coller
nécora, polbo e camarón. as nasas que tiña eu estaban armadas exclusivamente
para o camarón. non collía outra cousa. os demais encarnaban as nasas con xarda
e con xurelo e eu non. eles levantaban as nasas todos os días e eu dúas veces á
semana. si cada un deles collía á semana de oito a doce kilos de camarón
grande, eu collía de dazaseis a vinte kilos. e do mediano vintecinco e trinta;
pero como este non tiña gran prezo, tirabaraba máis da mitade ao mar. isto era
o normal dos camaroneiros da ría de
cedeira. pero os dias e as noites que saía ben camarón, teño collido na semana
a trinta e pico de quilos e para que non mo sobesen que collía tanto, mandábao
ás cinco da mañan por un coche para que
mo vendesen na a coruña. a estratéxia de coller tanto camarón era porque a
deixalas tanto tempo no fondo do mar as nasas cúbrense de pelo de lodo e todas
elas por dento están lamosas. e como o camaron busca sempre refuxo para
abrigarse e fuxir das bocas dos peixes, entón é o motivo de meterse case sempre
polo medio da xebra. pero neste caso
cando atopa unha nasa semi enterrada tanto na area coma no fango, ademais
cuberta de larvas das que tolea por elas, métense en fieiro tanto polo funil
como polas cabezas da nasa co afán de pegarse a esas barbas que cría a lama que
hai no fondo da ría. existe unha gran particularidade neste crustáceo que ao
saber ca nasa está cuberta de barbas de lodo e toda lamenta por dentro e tamén
un pouco por fóra só entran nela o camarón grande e este non deixa entrar ao
pequeno. quizabes ningún mariñeiro deste porto sabe este proceso de coller
camarón sin encarnar as nasas e que
estean abertas polas dúas cabezas da nasa.
polo feito de estar medias abertas por ambos lados o camarón non se vai
delas; ao contrario, canto máis tempo botan sen moverse máis camarón xuntan dentro delas. asi e todo,
cando se mete o mar de camiño sae de dentro e fuxe polo fondo buscando maior
altura de auga para non seren arrastrados polas correntes .
Nunha ocasión deixei oito
nasas dúas semanas por levantar sobre o fondal de decembro. como o
camarón fora apoucando aquel mes xa non
merecía andar a el. a pasar os quince días fun mirar coa idea de que se collía
algún camarón deixabas de novo, e senón botabas en terra.
como
as miñas nasas deixabas sen boias para que ninguén mas levantase cando as
quería coller xa tiña un rizón pequeniño que ao tiraalo no sitio en que tiñas
as nasas marcadas polas enfilacións de terra xa enganchaba o calamento das
nasas. tirei o ferro e ao enganchar o calamento xa o fun halando deica chegarme
a primeira nasa ao corredor. cando metín a bordo dita nasa viña totalmente
ateigada de camarón do de cinco mil pesetas kilo. cando baleirei a nasa na
bancada saltaban na pouca auga que había no plan da chalana que chegaron de
proa a popa pasando por todas as regandixas dos mamparos. funos apañando presa
a presa para a lata de achicar a chalana e desta para unha bolsa de rede de
cope na que chegou a pesar cinco kilos e oitocentos gramos. isto fíxeno para
deixar historia do que pode pescar unha sóa nasa pequena do camarón. comecei a
levantar as sete que faltaban e na segunda non veu tanto; pero como se sole
decir: viña abarrotada de camrón do grande. en total nas oito nasas que é
imposible que cho crea un mariñeiro, collín dazaoito quilos de camarón grande
en fondos de (area e fango). mandeino para a coruña ás cinco da maña por un
coche no que resultou que pola tardiña cando o señor do coche me trouxo o sobre
co vale e cos cartos que dira todo camarón vendido na a coruña, cando os contei
quedeime abraiado e louco de contento, unha por gozar pescando que eran as
miñas glorias e outra por las moitas motas gañadas sen matarse moito. a forma
de pescar sen meterlle carnada ás nasas e deixalas bastante tempo sen movelas
do sitio, descubrino nunha longa mancha de cuberto pegada á costa que mirando
para o fondo vin unha nasa das antigas o doble de grandes das que estamos a
falar, metina co gancho de repente a bordo porque creía que tería algún polbo
dentro; pero a sorpresa que me levei foi que estaba case mediada de camarón do
grande e acastañado. foiseme case todo porque a nasa estaba toda esfondada e
ademais non estaba forrada de cope por dentro como están todas as do camarón, pero
como as barbas do limo pechaban a separación dos barrotes da nasa, esta foi a
maneira de que collese tan pouco camarón pero a pesar de estar tan esbandallada
como estaba, aínda aproveitei máis dun kilo que me deron por el catro mil
novecentas pesetas.
neste oficio teño tirado
caixas e caixas de camarón ao mar que xa se comía ben, pero como nunca fun
goloso nin tampouco un ser agañento que nada lle chega nesta vida, nunca quixen
aproveitarme das cousas miudas do mar para adquirir un lucro a base de baixo
prezo.tamén teño que dicir que me
roubaron moito camarón. dunha vez tiña nun viveiro aproximadamente de dazaoito
a vinte kilos de camarón grande e mediano, que me podían valer aproximadamente
sesenta e cinco mil pesetas. deixeino fondeado sen boia para despistar aos
cacheadoiros do camarón. fora un sábado pola tardiña case raiando a noite para
que ninguén me vira fondealo naquela zona da ría. o domingo levanteime cedo
para metelo e repartilo en bolsas de rede de cope para cinco encargos que tiña.
cando cheguei á zona onde tiña o viveiro marcado cunhas enfilacións de terra
que eran un transformador por un pau da luz e unha casa branca pola esquina dun
regado. cando quixen coller o cabo cun pequeniño rizón que tiña para estas
cousas non fun capaz de enganchar o cabo do viveiro. máis dunha hora estiven
rastreando co rizón e cando me ía ir para terra enganchei o cabo do viveiro
pero estaba picado comecei a tolear de
rabia pensando quen sería o ladrón e atrevido que me levara o camarón que collera
durante a semana. despois de sucederme isto encarguei un viveiro de ferro que
pesaba corenta kilos. tiña unha capacidade que podía sentarse un home dentro
del. era máis longo que ancho. forreino todo por dentro de cope graudo, e por
só unha cabeza deixeille unha boca do tamaño dun caldeiro normal. por esta boca
saía unha longa manga de aparello para poder botar o camarón por ela. fixen
dous mortos, un de setenta e pico de kilos e outro máis o menos igual. collín
un cabo forte de cinco a seis brazas, polo cal paseille unha argola de metal e
nesta amarrei outro forte cabo que era o que se amarraría o viveiro. cando
acabei de amarrar os dous chicotes do primeiro cabo a cada morto. pois co
chicote do segundo cabo que era o da argola, amarrei o viveiro. tirei o morto
máis grande, logo depois o segundo deixando ben portado o cabo dos mortos. a
estar os dous mortos e a argola de metal no fondo tirei o viveiro atravesado ao
cabo dos mortos en forma de “t”. axiña
fixen a proba para collelo cun rizón pequeniño mediante unha boza. cando
empecei a halalo pesaba moito; pero dábamo ao xusto para poñelo ao costado da
chalana e desde alí todo escorado coa auga na tapa regala polo peso do do
viveiro, poder coller a manga de aparello da bopca do viveito que estaba
trincada a dúas variñas de ballesta da que estaba construído dito. xa quedaba
fondeado. para o outro día fun levantar as nasas e despois de escoller o bo
camarón fun cabo ao viveiro que o tiña sen boias; pero con marcas ou
enfilacións que eu tiña en terra memorizadas. Tirei o rizón e aá primeira xa o
enganchei e fixei a mesma manobra que primeiro día. botei o camarón no viveiro
e xa me despreocupei para sempre. desde aquela nunca máis me lovaron outro
camarón. pasadas un par de semanas o viveiro foi facendo cama naquel fondo
brando de area cas veces que o ía levantar case non podía arrancalo da cama
onde estaba deitado. agarrábase moito no fondo e esta era a clave e a forma de
que non mo poiudesen roubar nunca máis. teño tido o camarón nese viveiro cerca
dun mes pero; o problema que tiña ao telo tanto tempo dentro do viveiro, era
que se devoraban unhes a outros e desta maneira eu perdía bastantes kilos de
camarón polo que me vía na obriga de vendelo a baixo prezo. o que pode gardar e criar unha nasa