BANDONADA
.
ERA UNHA NOITE DE LÚA,
AS BOCAS XA NON FALABAN
EU ÍA POR UN CAMIÑO
E ATOPEIME CUNHA CASA
X
MAIS Ó VELA TAN VELLIÑA
METIME NUNHA CABANA,
PERO PENSANDO MIREINAS
A BODEGA MAILA CASA
E Ó VELAS CALADIÑAS
DE MÁGOA CAEUME A ALMA
X
E VENDO QUE NA HORTIÑA
MENTRES CA LÚA BRILLABA,
MIREINA POUQUIÑO A POUCO
E VINA TAN DESASTRADA,
COLLÍN CATRO FOLLIÑAS
X
DAS FIGUEIRAS QUE PRANTARA,
E TÉÑOAS BEN GARDADIÑAS,
DAQUELA CASA QUE MAIA,
QUE MAIA POR ROSALÍA,
X
A POETA QUE CHORABA
POLAS COITAS DE GALICIA,
PERO A INDA MAIS CHORABA...,
CANDO SOIÑA ESCRIBÍA
X
E POLAS NOITES PENSABA,
NUNHA MAN QUE FORA TENRA
EFOSE ALOUMIÑADA.
Publicado por Francisco de Sotavento
No hay comentarios:
Publicar un comentario