Xavier Rodríguez Vergara é un tesouro deste país de tesouros encantados. Falo dun home que, mesmo cando foi empregado de banca, nunca deixou de ser mariñeiro pero nunca tampouco de ser poeta e animador da creación poética como promotor dos Xogos Florais de Cedeira e da revista Litoral Norte, chamada agora A Javiota. Con todo iso no ano 2007 entregou ó prelo tres traballos que revelan unha creatividade e unha vitalidade excepcional: o poemario Camino de Aromas, o Léxico mariñeiro de Cedeira que mereceu a atención da Real Academia Galega, que será a súa editora, e este Redes e peixes: saberes dun mariñeiro que edita o Goberno de Galicia. Tamaña produtividade é admirable en Galicia e seríao en calquera outro país de Europa
-
Cando dun libro se di que é obra dun autodidacta adóitase pensar que é unha obra dun nivel medio. Pero neste caso o carácter autodidacta de Xavier Rodríguez Vergara é unha garantía de calidade porque para falar de redes e peixes el non se informou en libros estibados nos andeis de poeirentas e cómodas bibliotecas
-
(aínda que aquí ofrece importante e numerosa documentación histórica e gráfica referida ó mar de Cedeira) senón que se doutorou na universidade das ondas, dos salseiros, do frío e, algunha vez, do medo. O mar ten sempre o seu risco e os investigadores adoitan falar do mar polo que os mariñeiros lles contan en terra. Esa é a razón de que, sendo Galicia unha etnia tan mariñeira como labrega, os historiadores,
-
os lingüistas e os etnógrafos saben máis da Galicia rural ca da Galicia mariñeira.
O libro que o lector ten agora nas mans é mar galego puro e fresco. Só un mariñeiro podía escribilo. Unmariñeiro doutorado na difícil carreira das mareas. Un mariñeiro que, grazas a iso, puido ofrecer incluso á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia os nomes de tódolos accidentes da costa galega dende Cariño á ría de Ferrol.
Só un mariñeiro podía falar das redes como fala Xavier Rodríguez Vergara. Só un mariñeiro nos podía describi-
-
lo carácter dos peixes. Esas novidosas e marabillosas páxinas estou segura de que van quedar como páxinas antolóxicas das letras en lingua galega. Estou segura de que a Ramón Piñeiro lle había encantar lelas.
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades hónrase en acoller entre as súas publicacións
-
(neste caso en colaboración coa Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos) este Redes e peixes: saberes dun mariñeiro de Xavier Rodríguez Vergara. Un tesouro que hoxe desencantamos para regalía
de tódolos galegos.
-
María Sol López Martínez
Secretaria Xeral de Política Lingüística
Directora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
No hay comentarios:
Publicar un comentario