(MERECE A PENA LELA,TEN SENTIMENTOS . CORRÍA O ANO 1956, HOUBERA UN GRAN “ COSTEO”DE CHINCHÍN, (XURELO PEQUENO), QUE NOS QUITOU A “PALETILLA”(...) DESTE LECER MARIÑEIRO E LÚDICA E IMBORRABLE LEMBRANZA, QUÉROVOS COMENTAR A RAPETADA MÁIS GLORIOSA QUE ESPERIMENTEI CON ESTA ARTE. FOI UNHA TARDIÑA
X
DAS DO FONDAL DE XULLO. A SEMANA XA ESTABA BIRADA. HABÍA PAN NA CASA E A TRISTURA FUXIRA. FORA UN VERÁN MOI CALUROSO. A XEBRA QUE CRIARA O FONDO DA RÍA, Á PARTE DO BARBAUZÓN, ERA “MIRAGUANO VERDE”, PARECIDO Á LA ESCARDADA, UHNA ESPECIE DE ESPARTO
X
CURIOSAMENTE VERDE-FINO.NON ERA DE GRAN ESTORBO PARA O APARELLO. PERO AQUEL ANO FOI CANDO MÁIS XURELIÑO HOUBO.
X
O CONTO FOI QUE AQUEL DÍA ESTÁBAMOS POR DETRÀS DOS TARAIS Ó SOCAIRO DO TEMPO. NUN MANTELO DE CADROS ROXOS TÍÑAMOS TRES MOLETES DE “CHOCA”, (PAN DE TRIGO) UNHA GARRAFA DE VIÑO E UN BOMBO DE CHINCHO DE 5 KILOS EN ACEITE, AGASAIO QUE NOS FIXERA DON LUIS ABELLA DE CARIÑO, POR MERCARNOS UNHA CHALANA DE
X
CHINCHO. SEN CONTAR OUTRAS COUSAS MIUDAS, AOS FABRICANTES DE CEDEIRA, DEIXÁRAMOLLES DE VENDER O XURELO PORQUE NO LO PAGABAN MOI POUCO. AO ENTERARSE O SEÑOR ABELLA DE CARIÑO, QUE NO LO PAGABAN ASÍ, DICIDIU VILO BUSCAR TÓDOLOS DÍAS Á NOSA PRAIA. A PARTIR DE ALÍ, DE AMANEXO AÍNDA NON ACABADO DE
X
EMBASAR, XA VÍAMOS VIR O CAMIÓN DO SEÑOR ABELLA BAIXAR POLA PRAIA ADIANTE. PERO MENTRES A CHALANA NON QUEDARA EN SECO, NON PODÍAMOS DESCARGARLO PARA O COCHE. COMO DICÍAMOS, OS FABRICANTES DE CEDEIRA, DE PRIMEIRO, PAGÁBANOLO A L50.- E A 200.- PTS. A MEDIDA, E O SEÑOR ABELLA, CANDO SE ENTEROU,
X
OFRECEUNOS A 300, E 350, SEGUNDO O TAMAÑO. O MÁIS GRANDIÑO PAGABO MÁIS. PERO O MÁIS CURIOSO FOI QUE CANDO OS FRESQUEIROS DE CEDEIRA VIRON QUE UN COCHE DE CARIÑO NOS VIÑA MERCALO Á PRAIA, E QUE NO LO PAGABAN A 70 PESOS A MEDIDA, VIÑERON A MEU PAI Á CASA, OFRECÉNDOLLE O MESMO PREZO QUE DON LUIS, PERO COA CONDICIÓN QUE TÍÑAMOS QUE CARREXALO NOSOUTROS Ó LOMBO, DESDE A BAIXA MAR ATA A FÁBRICA, MAIS MEU PAI QUE TIÑA UN XENIO DE PRONÓSTICO RESERVADO, MANDOUNOS Ó “CARALLO”, MANDOUNOS POLO
X
FEITO DE QUE ANTES, NO LO QUERÍAN, E AQUELAS TRINTA OU CORENTA MEDIDAS QUE NOS MERCARAN A 150 PTAS FIXÉRANO COMO POR ESMOLA. DICÍAMOS QUE ESTABAMOS POR DETRÁS DOS TARAIS Á RAPOSEIRA. AQUELA AREA QUENTIÑA ERA PARA NÓS A MELLOR CAMA
X
QUE HABÍA. ALÍ NOS QUEDÁRAMOS TODOS DURMIDOS COMA UNHA ROLADA DE “LIRIOS”. CANDO O NOSO PAI DESPERTOU E VEU QUE O TEMPO DE RAPETAR PASARA, QUE OUTRAS CHALANAS ESTABAN RAPETANDO E CHEGANDO COA RAPETA EN TERRA, SALTÁBANLLE OS OLLOS COA DESESPERADA.
X
TODO ERA PORQUE NON TÍÑAMOS SITIO NA PRAIA PARA RAPETAR, ERAN TRES CHALANAS, QUE XA COPARAN OS SITIOS. A NOSA CHALANA ESTABA EN SECO CERCA DA PRAIAMAR, COS CABOS E COA RAPETATA A BORDO. UNHA DAS QUE ÍAN LARGANDO, XA FORA VENDER 5 PAXES DE PEIXE E NOSOUTROS Ó SOCAIRO DOS RAMALLOS DURMINDO. POR TODO ISTO, NOSO PAI NON DEIXABA DE SUFRIR E DE PATEAR DE RABIA. MENTRES EL
X
BATALLABA, NOSOUTROS AÍNDA DORMITÁBAMOS NAQUELA RAPOSEIRA; PERO CANDO DE REPENTE CHEGOU XUNTA NÓS, PEGOUNOS SEMELLATE BERRO QUE SALTAMOS COMA CABRITOS DAQUELA CAMA. FUNGANDO FUMOS PARA BOTAR A CHALANA Ó MAR. AÍNDA ÍAMOS REFREGANDO OS OLLOS MEDIOS MORRONGOS, CANDO DE NOVO, NOS NOS VOLVEU A PEGAR OUTRO PEDAZO DE BERRO, QUE NOS FIXO POÑER MÀIS DEREITOD QUE
X
UN PAO DA LUS. A SÚA VIVEZA APAREXADA ÁS SÚAS RAZÓNS, FIXÉRONOS SENTIR MÁIS VALENTES CARA A AQUEL DESAFÍO DE BURLA QUE NOS FACÍAN OS MEDIOS RAPETEIROS. DÍXONOS QUE PUXÉSEMOS SENTIDO COMÚN ÁS COUSAS QUE EL NOS ÍA MANDAR: “SEDE O MÁIS VELOCES POSIBLES”. “FACÉDEME CASO”. “ IMOS BOTAR A CHALANA COA
X
RAPETA A BORDO” “.POÑERÉMOLLE OS REMOS POR DEBAIXO DA QUILLA E ARROLARÉMOLA ATA O MAR”. “ ¡VEÑA, MAS E HOMBROS! ” EMPLEAMOS TODAS AS FORZAS QUE TÍÑAMOS, E EN 10 SEGUNDOS, TIVEMOS A CHALANA NA BEIRA DA ONDA. DE SEGUIDA ARMAMOS OS REMOS PARA TOMAR POSTURA E LARGAR DE CAMIÑO. MENTRES ÍAMOS BOGANDO PARA VENDAVAL, OS DEMAIS RAPETEIROS QUE ESTABAN
X
EMBASANDO UNHAS PICHACOLADAS DE CHINCHÍN, FACÍANNOS BURLA COS SEUS ACENOS VERBAIS..., PU..., PU..., PU..., ISTO QUERÍA DICIR QUE TIÑAN PEIXE PARA CARGARNOS A NÓS. ESTAS 3 PITADAS ERAN TRADICIONAIS NA NOSA RÍA, NAS MAÑÁS CANDO OS BARCOS CHEGABAN DA TARRAFA PARA VENDER AOS “FABRICANTES,” ENTÓN O BARCO QUE TRAÍA SARDIÑA DABA 3 PITADAS, OS DE XURELO,
X
DABAN DÚAS, E OS DE CHINCHO, E BOCARTE UNHA. PERO TAMÉN CANDO UN BARCO CERCABA MOITO PEIXE E LLE SOBRABA, PITABA PARA QUE FOSEN CARGAR AQUELES QUE NON COLLERAN NADA.
X
XA ESTAMOS NO SITIO. ¡VEÑA NENOS, DÁDEME O CHICOTE DA CALA QUE QUEDO EU EN TERRA! ¡BOGADE CON FORZA E MARCADE POLA POPA RUMBO Á PEDRA DAS ABELLAS! NOS INDICABA MEU PAI CO BRAZO CARA Ó COTO DE PANTÍN.
X
ÏAMOS BOGANDO EN PLENO AXEXO. A MAREA ESTABA NA CABEZA DA REPUNTA. A RÍA ALÓ NA COSTA VESTÍASE DE LUSCO E FUSCO E AS MEXELAS DA FLOR DA AUGA, ESPELLABAN SOBRE OS BICOS DO SOLPOR.
ARRÍA CALÓN, DIXO MEU IRMÁN ANDRÉS. A RAPETA SAÍA POLA POPA DA CHALANA CAL SE FOSE UN MOURO CULEBRÓN. ¡MOUCHÍN!... OS DAS
X
OUTRAS CHALANAS SEGUÍANNOS PITANDO E NOSOUTROS XA VÍÑAMOS BOGANDO SOBRE TERRA. SALTAMOS COMA CORZOS, E MAU Á CALA DA BAIXO. “HALADE NENOS, “GUINDÁDEVOS BEN Ó CINTO” E A CALA PARA RIBA QUE XA REPUNTA O MAR” . DICÍA MEU PAI DESDE A OUTRA PERNA. O ROXO DO SOL ESTÁBASE A METER NAS ENTRAÑAS DO MAR. NISTO
X
CHEGOU “FANGULO” (VILARELLE), QUE ESTABA AOS LONGUEIRÓNS, E FOI A QUEN LLE PREGUNTAMOS QUE COLLERAN AS OUTRAS RAPETAS NO QUE NOS CONFIRMOU QUE UNHA DELAS, TIÑA MEDIA BANCADA DE PEIXE E AS OUTRAS, TAMÉN A DÚAS E A TRES, MEDIDAS. MENTRES FALÁBAMOS CON FANGULO, NÓS SEGUÍAMOS TIRANDO IGUAL QUE “TITÁNS”. XA ESTÁN CHEGANDO OS CALÓNS Ó BABALLO. VEÑA..., COLLEDE A CORTIZA E BAIXÁDEME BEN AS PEDREIRAS, MANDOUNOS MEU PAI. XA
X
LEVÁBAMOS 7 OU 8 BRAZAS HALADAS E NIN UN PEIXE MALLADO.NAS PERNAS. “IMOS LEVAR UN CARALLO COMA UN CAN.” O PEIXE XA ESTÁ EN TERRA, REFUNFUÑABA MEU PAI . SEN EMBARGO, HABÍA UN DA COMPAÑA QUE TOLEABA COA FE PORQUE NO INTRE EN QUE SE CANTOU “MOUCHÍN”, AQUEL QUE ÍA LARGANDO O APARELLO, FISGOU CENTOS DE ESCARABOULLOS POLA FLOR DA AUGA. CANDO FALTARÍAN UNHAS 15
X
BRAZAS PARA CHEGAR Á COPEADA, FOI CANDO AQUEL RAPAZ TENDEU OS OLLOS PARA EXPLORAR O QUE ANTES VIRA... NON ERA CRISTO, PERO SABÍA QUE DENTRO DO APARELLO REBULÍA A MAN DE DEUS. A COPEADA COMENZOU FACER LISAIO E POR DIANTE DO “MOUCHÍN” VÍASE UN REDONDO TRIMUALLO, QUE FACÍA “AXADA” E AQUEL RAPAZ MEDIO ATOURADO, FOI ASALTOS PARA FÓRA A SABER SE A FE MAILO QUE VIRA, LLE FALLARAN.
X
PASOUSE POR FÓRA DA RAPETA QUE CASE NON CALABA, E FOI INSPECCIONANDO A BÓVEDA DA COPEADA E XA VIU ALGO EXTRAÑO QUE NUNCA LLE SUCEDERA. COMENZOU A BERRAR DE ALEGRÍA E A TATABELLAR DE EMOCIÓN. E VOLTA A SALTOS PARA TERRA A TIRAR POLA CORDA DO CORCHO.
X
“ESTÁS MÁIS TOLO QUE UNHA PUÑETERA CABRA”. “UN DÍA HEICHE METER UN CALÓN NA ALMA, A VER SE DUNHA VEZ PARAS COAS TÚAS ALOUCADAS”. ROSMABA MEU PAI POR ARRIARLLE Á CORTIZA E DEIXALO A EL SÓ, TIRANDO POLAS DÚAS RELINGAS. CANDO FALTABAN UNHAS 5 BRAZAS PARA CHEGAR Á FISGA DA PEDREIRA, O PEIXE DEU TAL
X
“ESPOMBADA” QUE ABRIU TODA A COPEADA EN CERCO, E XA NOS DECATAMOS DA CANTIDADE DE PEIXE QUE VIÑA. ¡CORTA IRMÁN, ARRIBA A PEDREIRA! EU E MAIS MEU IRMÁN ANDRÉS DIXEMOS A UN TEMPO. AO VER TANTO PEIXE XUNTO, COMENZAMOS A CANTAR: “ ÚA, ÚA, ÚA , LA CULPA LA TUVO ENTERA, EL VAIVÉN CHIQUI CHÍ DEL TREN”.
X
CON TANTO ATURRULLAMENTO, A MEU PAI CAÉRALLE A BOINA NO PRESEIRO; PERO POR NON PODELA COLLER CON FACILIDADE, DEIXOUNA IR NADANDO POLO PRESEIRO ADIANTE.
X
DESPOIS DE AVIÑALO-PEIXE, E DE TELO BEN ENCERRADO COA RELINGA DO CORCHO NOS TOLETES DA CHALANA, E DE LEVAR O PREESEIRO PARA FÓRA, COA PROCURA DE QUE NON MORRERA E LOGO DE VER TODO BEN DISPOSTO, DÍXOLLE XAVIER A SEU PAI: PAPÁ, VOUME METER DENTRO DO PRESEIRO A VER POR ONDE ME DA O GORDO DO PEIXE.
X
METIME CON AQUELA BIZARRÍA, POIS O CALADO VEU A RESULTAR, QUE O ESPESO DO PEIXE, DÁBAME POR DEBAIXO DOS BRAZOS. SALTEI DO PRESEIRO E DÍNXENLLE Ó MEU VELLO: A NOSA CHALANA NON PODE CON TODO.HABERÁ QUE IR BUSCAR OUTRA MEIRANDE QUE A NOSA. HAI MOITO PEIXE DENTRO. DESPOIS DE ESCOITAR TAN BOAS NOTÍCIAS, ALÓ
X
PILLAN MEUS IRMÁNS ANDRÉS E RICARDO A BUSCAR A CHALANA DOS “ALIADOS” NOSOUTROS QUEDAMOS ABRUÑANDO A CORTIZA ENTRE A RODA DE PROA E OS TOLETES DE ESTRIBOR. POUCO A POCO, FUMOS LEVANDO O PRESEIRO MÁIS PARA FÓRA ATA QUE A AUGA NOS DEU POLO PEITO. DIMOS FONDO CO RIZÓN E DESPOIS DE FACER FIRME, COMENCEI A
X
SALABARDEAR O CHINCHÍN PARA A CHALANA. ¡AQUILO ERA GOZAR A TOPE! POLA ALEGRÍA QUE HABÍA. AS FORZAS MULTIPLICABANSE.NON TARDEI NADA EN CARGAR Ó MEIXÓN. NISTO CHEGABAN MEUS RMÁS COA CHALANA DOS “ALIADOS”. QUITAMOS O MEIXÓN CARGADIÑO E METIMOS ESTA QUE ERA MÁIS GRANDE QUE A NOSA. ¡VEÑA, IMOS!
X
DIXEMOS NÓS. OS DOUS IRMAOS MÁIS VELLOS COMENZAMOS A EMBASAR COMA AUTÉNTICOS LOBOS DE MAR E COAS MESMAS XEITURAS COMA SE ESTIVÉSEMOS NOS MARES DE FÓRA.
AS FORZAS NON DESMAIABAN POLO AFÁN QUE O PEIXE NOS DABA. O MAR XA LEVABA MÁIS DE UNHA HORA DE CHEA E O MEIXÓN
X
CARGADIÑO, ÍA INDO SÓ COA MAREA PARA RIBA. OS OUTROS IRMÁNS MANOLO E VICENTE, QUE ERAN MÁIS PEQUENOS, MANDOUNOS MEU PAI PARA A CASA QUE ESTABAN ESTEMERECENDO DE FRÍO. CANDO NOS DESCUIDAMOS, XA TÍÑAMOS ESTA CARGADA POLAS CHOPAS. PERO AÍNDA QUEDABA MOITO PRESEIRO. “AÍNDA QUEDA MOITO PEIXE NO PRESEIRO, HABERÁ QUE IR BUSCAR OUTRA CHALANA,” -DIXEMOS TODOS. ¿E CAL? PREGUNTOU MEU PAI.
X
“COMO A MAREA XA DEBE PASAR ARRIBA DA PONTE, VALE MÁIS QUE CÓLLADES A DE MODESTO DO “TORTO”, A DA VOSA TÍA AMADORA, QUE É BASTANTE GRANDE E NON VOS TEN PERDA DELA.”
HALA, VEÑA, QUE LOGO VIDES, ÍDEA BUSCAR. COMA DOUS SANTOS MOLLADOS, FORON CORRENDO POR ELA. MEU PAI QUEDABA BOTANDO UN
X
PITILLO, E NOSOUTROS QUITANDO A XEBRA CO MANGO DO SALABARDO QUE HABÍA NO FONDO DO PRESEIRO.E DE ALÍ A UN POUCO, AÍ VEÑEN MEUS IRMÁNS CON AQUEL CANDRAI. DESATRACAMOS A CHALANA DOS “ALIADOS” QUE NOS FACÍA AUGA POLOS ALTOS, E NO SITIO DELA METIMOS A DA TÍA AMADORA. COMENZAMOS A EMBASAR ATA POÑELA CASE
X
CARGADA. CANDO ACABAMOS A FAENA, ERA A UNHA DA MAÑÁ. METIMOS A RAPETA E AS ROSEGAS A BORDO E O RIZÓN DEIXÁMOLO ORINCADO ALÓ FÓRA POR NON PODELO IR LEVANTAR COAS CHALANAS CARGADAS.
COLLIMOS AS EMBARCACIÓNS CADA UNHA POLA POPA, E FÚMOLAS LEVANDO Á MA ATA A PRAZA DO PEIXE.
X
OS CORPOS FORONSE ENFRIANDO E AGUANTANDO A MOLLEIRA DESDE A TARDIÑA. AGORA XA COMENZÁBAMOS A TER FRÍO. FÚMONOS REMUDANDO, MENTRES UNHES TERMABAN DAS CHALANAS, OUTROS ÍAN CAMBEARSE DE ROUPA Á CASA.
X
COMIMOS “CHOCA” (PAN DE TRIGO), QUE O FÓRAMOS BUSCAR Ó FIADO Á CASA DA TÍA MAGDALENA DE LEIRA. TAMÉN BEBIMOS CAÑA DE HERBAS QUE A COLLÉRAMOS AO FIADO NA TABERNA DE MANOLO DE CERNADA.
X
ISTO ACONTECEU O 23 DE XULLO DO 1956, NA POSTURA NOVA, NA PRAIA DE CEDEIRA, QUE ENTRE AS 3 CHALANAS SUMARON:33 MEDIDAS O MEIXÓN, 10.A DOS “ALIADOS, 13, A DA NOSA TÍA AMADORA. 10,TOTAL,33 MEDIDAS, 3300-KILOS DE CHINCHÍN QUE ÁS 9 DA MAÑÁ XA ESTABA DON LUIS ABELLA, (FILLO), DE CARIÑO, CUN CAMIÓN GRANDE E CON 3 MULLERES PARA DESCARGAR O PEIXE.DA CHALANA.

CANDO SE ACABOU DE CARGAR O COCHE, PAGOUNOS E DE AGASAIO, DEUNOS UN BOMBO DE CONSERVA, (SARDIÑAS EN ACEITE), A CADA UN. ASI FOI AQUELA GRAN RAPETADA POR VICTORIANO DO PIÓN, POLOS SEUS FILLOS, POLA AXUDA DE “FANGULO”, E POLO TRIPULANTE TOMÁS DO “COCHERA”.
Fco. de Sotavento

No hay comentarios:
Publicar un comentario