miércoles, 6 de marzo de 2019


O CANTO DO CARRO

O CANTO DO CARRO,DO CARRO GALEGO,
POR CAMIÑOS LONGOS VAI CANTANDO LEDO.

ESPERTANDO FOLLAS CO CANTO DO EIXO,
E BICANDO AIRES NOS MIUDOS VENTOS.

VAI ROLANDO RODAS,BEBENDO RELENTOS,
VAGOADAS TRISTES,VALADOS DE FELGOS.


VAI POLOS CAMIÑOS O CARRO GALEGO,
O NOSO CARRIÑO,ESMAGANDO XEIXOS.


COA RODA BANDONA,POLA TORTA SENDA,
NA CONGOSTRA ANCHA,NA CONGOSTRA ESTREITA,

VAI CREBANDO LASTRAS,VAI CREBANDO CEPOS
E FAI PEDREGULLOS DAS PEDRAS DOS XEIXOS.

A RODA BANDONA,ARROLA, QUE ARROLA,
ROZANDO VALADOS CHANTADA EN LAMEIROS.


MAIS A RODA CAMBA CO ROLAR LIXEIRO,
TAMÉN É DO CARRO,DO CARRO GALEGO.

E LEVA NAS COSTAS O LONGO CHEDEIRO,
CUN CANTAR DE ACOUGO QUE SAE DO EIXO.
X
VAI RUBINDO ÁS NUBES, ARROLANDO LEDO,
VAI VOANDO SÓ, CAMIÑO DO CEO;

ENTÓRNANSE OS CARROS E CAN NOS REGUEIROS,
E CAN NAS VALGADAS, E ROMPEN CABESTROS

E CAN POLOS MONTES, E POLOS PENEDOS,
E SÉNTESE LONXE,E SÉNTESE PRETO,

ALÓ POLOS AIRES,VAI SOANDO LEDO,
DO CARRO GALEGO DE NOITE PECHADA
Ó VIR DO TÉRREO,


CÔA LUZ DO CANDELO,PRÁ VER O CAMIÑO
QUE TIÑAN LAMEIROS,E VIÑAN DENOITE,
E ÍAN DE CEDO,SENTÍNDOSE LONXE
AQUEL SON DO CARRO VOANDO  NO CEO-


 EIXO,QUE ÍA VOANDO
ALÓ POLO CEO.


AQUEL SON DO CARRO,
VOANDO NO ECO,
CANDO ÉL SAÍA
CARGADO DE ESTERCO,
XA SE COÑECÍA
DE QUEN ERA O CARRO,
POLO SON DO EIXO:

O DO TÍO ENRIQUE,
O DO TIO ORTELIO,
O DO TIO SIRO,
E O DO TIO PEDRO.


ESTE MAGO DE RODAS,
ESTE LONGO TRAFEGO,
ESTE BERRO DE LUME,
DESTE CARRO GALEGO,
QUE CRUZOU O MUNDO,
SEMENTANDO FEUDOS,
NAS PECHADAS NOITES,
NOS SÉCULOS CEGOS,
NAS LOITAS DOS HOMES,
NOS PRANTOS DO PEITO,
NO CANTAR DOS RÍOS,
NOS BERROS DO VENTO.

O CANTO DO CARRO
QUE BAIXA CARGADO,
CAMIÑO DAS BOUZAS
E TRONZA XEMENDO,
E QUÉIXANSE AS RODAS,
E ÁRDELLE O EIXO,
E O CARRO VEN VINDO,
AMODIÑO E LENTO,
MAIS COS OLLOS TRISTES
VEÑEN OS MARELOS,
BAIXO DAS CANGALLAS,
ORBALLANDO DENSO.

AÍ VEÑEN OS CARROS 
CANTANDO EN FIEIRO,
NO LONGO CAMIÑO
ESPERTANDO O ECO,
E TRAEN GROSOS PAOS,
E TRAEN GROSOS LEÑOS,
E TRÁNOS GALLUDOS,
RETORTOS E PENCOS.


E CANTAN OS CARROS,
E CANTAN OS EIXOS,
E BÓTANLLE AUGA,
E BÓTANLLE SEBO,
E SEGUEN CANTANDO;
OS NOSOS CARRIÑOS,
POLOS MIL CAMIÑOS, 
DO POBO GALEGO.
SON OS NOSOS CARROS,
INDUSTRIA DUN TEMPO,
SON OS NOSOS HOMES, 
QUE LOITANDO A EITO,
APINANDO OS CARROS
CON LEÑOS DE TOXO,
NAS PRAIAS DO VENTO,
E TÍRANA EN PILAS, 
E FAN OS LEÑEIROS,
SOBRE O CAI DO RÍO,
ONDE ESTÁN EN SECO,
OS GRANDES TRINCADOS,
DE DOUS E TRES PAOS
PINTADOS DE NEGRO.
O MAR VEN RUBINDO,
COA LINGUA NO PEITO,
VEN RUXINDO A RISAS,
VEN AMODO E CEIBO,
MAILOS BARCOS DITOS,
QUE ESTABAN EN SECO,
VAN INDO CARGADOS
DE LEÑOS DE TOXO,
E OUTROS MADEIROS,
BARRICAS DE ANCHOA,

FOLLAS DE BADEXO,
E TABAIS DE XOUBAS,
E BRANDIÑOS QUEIXOS,
MOLETES DE TRIGO
DOS MÁIS MOLANGUEIROS.


MAIS EN TERRA, NA PRAIA
MIRANDO PERPLEXO,
XA NON VEXO OS CARROS,
NIN VEXO OS MARELOS,
NIN VEXO OS MACHADOS,
NIN VEXO OS LEÑEIROS,
NIN HAI PICADORES,
NIN HAI PICADEIROS;
E SÓ QUEDA UN CARRO
E TRÊS CARRETEIROS,
QUE COMEN O CALDO
SENTADOS NOS LEÑOS.

O MAR DEIXA AS BARBAS
NO XUNCAL EN SECO,
ONDE ESTÁN AS GARZAS
E CANTAN OS MERLOS,
MAILOS MAZARICOS
QUE SON MARIÑEIROS.


OS TRINCADOS VANSE,
DESMARRANDO VENTOS,
E IZANDO AS VELAS
E OS FOQUE PEQUENOS;
VAN RUMBO DA TORRE,
OS NOSOS VELEIROS,
POLAS AUGAS DOIBAS,
DEBAIXO DOS VENTOS,
CÔAS VELAS TRIZADAS
CONTRA BARLOVENTO.

VAN SOÑANDO SOÑOS
E ESCRIBINDO LENDAS,
LENDAS DOS CAMIÑOS,
CAMIÑOS GALEGOS.


ASÍ     ÍAN      INDO,

No hay comentarios:

Publicar un comentario