domingo, 25 de diciembre de 2016

                                                 O FILLO DUN MARIÑEIRO 
:
Está Castrelo durmindo,
hai cinco corvos cantando,
os insurrectos e indignos
de aquel gran mestre precario.

E cando Catrelo esperta,
toqueando e pensativo;
mirou para o   ceo e dixo:
non me gusta que os corvos
que canten o noso himno;

e dando pasos pra escola
entre as lamas do camiño,
cun pouco de pan no peto
sen zocas e médio espido;
ía roendo un anaco
un anaco de pan de millo.
:

Polo mar baixou descalzo
coas estrelas da inxustiza...
mais os ventos que nel zoaban,
por vendavales  fascistas;
  ferraduras eran da noite,
os peixes de doble espiña.


E co vento do nordeste:
vai tronzando a osa dorna.
e racha, o trinquete de proa
co velame da inxusta xustiza.

Cai o plan da vela rota.
Unha gaivota nas ondas
trai nas alas trinta fios,
que bulindo côas velas trizadas
vai rachando os berros do vento,
xa lle estalan as drizas gastadas,
da impaciência do noso Castrelo.

:
Mais as bágoas da histórica dorna...,
entre os cons das entrañas duídas,
vai marcando o rumbo de fóra
sobre os aléns da torcida porfía...
:
Xa lle xurden as boias na proa....
e lle cantan as vellas gaivotas,
mais unha cerrazón do norte,
a nosa dorna no mar queda soa...
:
Cando Castrelo reolla
vai dando volta redonda,
a mesana racha e arreventa,
mentres que a dorna capea soa
e cosendo os farrapos sen fío 
iza a mesana e de novo panea.
:
Castrelo xa entra nos portos 
devisando as vilas vellas,
co seu mascarón de ouro
izando a nosa  bandeira.



E saltando en terra dixo:
;
¡Miña naiciña do vento
cánto me tarda por  verte,
e cánta sede  che  teño
                                    da pertarte e de quererte!. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario