A HORTA VELLA
DESDE ESTA LONGA VENTÁ
CÁNTO TEÑO EU QUE MIRAR,
VEXO MELÓS DE CUCHILLO
E FABAS POLO FONDAL.
CÁNTO TEÑO EU QUE MIRAR,
VEXO MELÓS DE CUCHILLO
E FABAS POLO FONDAL.
VEXO DALIAS QUE SE MOVEN.
E FOLLAS POLO PARRAL,
VEXO PIMENTOS QUE APAMPAN,
E TRES PEGAS QUE SE VAN.
E FOLLAS POLO PARRAL,
VEXO PIMENTOS QUE APAMPAN,
E TRES PEGAS QUE SE VAN.
NO TRONCO DUNHA PEREIRA
VEXO A CORDA DE SECAR,
AS MEDIAS DUNHA VECIÑA
E OUTRAS COUSIÑAS MÁIS.
VEXO A CORDA DE SECAR,
AS MEDIAS DUNHA VECIÑA
E OUTRAS COUSIÑAS MÁIS.
VEXO A FIGUEIRA NO FONDO
ALOMBAIXO NO FONDAL,
POUCOS FIGOS TEN A POBRE
SE LLOS VIÑERON PAPAR
.
ALOMBAIXO NO FONDAL,
POUCOS FIGOS TEN A POBRE
SE LLOS VIÑERON PAPAR
.
VEXO TRES RULAS MOI PRETO
NA CRUCETA DE TIRAR
POLO CARRO DA CHALANA
CANDO ÍA EU Ó MAR.
NA CRUCETA DE TIRAR
POLO CARRO DA CHALANA
CANDO ÍA EU Ó MAR.
SINTO TRES MERLOS NAS FOLLAS
NAS FOLLAS DO LOUREIRAL,
OS TRES CANTAN E ASUBIAN
NOS TONOS DE RE MI ,FA.
NAS FOLLAS DO LOUREIRAL,
OS TRES CANTAN E ASUBIAN
NOS TONOS DE RE MI ,FA.
NESTA HORTIÑA PEQUENA,
QUE TEÑO PRETO Á VENTÁ,
CORRERON OS MEUS PEIÑOS
DESCALCIÑO E SEN PAN.
QUE TEÑO PRETO Á VENTÁ,
CORRERON OS MEUS PEIÑOS
DESCALCIÑO E SEN PAN.
AMOR DE DIOS
CANDO O AMOR SE PERDA
HAN DE MORRER OS BICOS,
O MAR IRASE DO MARE
E AS AUGAS IRANSE DOS RÍOS.
HAN DE MORRER OS BICOS,
O MAR IRASE DO MARE
E AS AUGAS IRANSE DOS RÍOS.
Non hai cousa máis tenra no mundo
que a triste mirada dun pícaro,
cando ten fame de pan,
ou cando ten fame dun bico.
que a triste mirada dun pícaro,
cando ten fame de pan,
ou cando ten fame dun bico.
Fco de Sotavento