GALICIA
Galicia é nosa
é nosa
terra
onde vin a nacer.
Galicia é a nosa casa,
unha casiña de pedra,
ten cabanas e ten eiras,
é fermosa polos ríos;
é fermosa polas veigas.
.
Ela chorounos moito
cando enfemou a Figueira,
estaba espida e desfeita,
descalza, fraca e famenta.
.
Inda hoxe nos amosa,
cando ela nos falaba,
dentro da gaita galega.
.
Foi asoballada,
e pisoteada,
ata esquencida,
pola gran Mestra.
.
Agardou mil anos
polo xurdimento,
pola súa idea;
ninguén a quería
nin verde nin seca.
Galicia é nosa,
é nosa estrela,
o noso berce,
a nosa terra,
a nosa patria,
naiciña galega.
.
Galicia, terra nosa,
labrega e mariñeira
é a nosa fala,
a língua galega
a língua galega
que polo mundo atravesa.
.
Galegos todos
que estades nela,
falade,falade
falade sempre,
da súa verba.
Toda ela é verdume,
romántica e poética.
Galicia é a nosa nai
desde os pés a cabeza,
ela pasounas duras,
tanto no mar coma na aldea.
Galicia chorou
moito
por ter alma galega,
na gaita é onde a mosa,
cando chora,
lonxe dela.
Galegos todos
que estades nela,
falade ben
falade dela
falade sempre,
da súa verba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario